Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

jueves, 2 de mayo de 2013

23 +

Busco no fondo e non hai
non hai máis que cinzas
será a imaxinación
que turba a conciencia
sacudida vilmente

mar e terra teño como confidentes
só a miña paisaxe coñece
cómo un se sente

non

non é teatro,
quere ser poema.

Que será a soedade?
quen a experimenta?
quen se cre capaz de xulgar a dor allea?

as ondas gardan segredos
de escuma mar e area
e busco alá no fondo
nada atopo

tampouco na lúa
astro mentirán
rocha seca e polvorenta
como o corazón humán

e sigo camiñando paseniño,,
pasiño a pasiño
facéndome dono 
de cada pensamento
vou parindo poesía
entre dores

ela é miña filla
ela é o meu amor

o meu  segredo
o meu narcótico
o meu celo

si tan só buscase eso....










aurea mediocritas


No hay comentarios:

Publicar un comentario

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...