Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

miércoles, 8 de mayo de 2019

Noite de maio


Chovia unha noite de maio,
as pingas batian contra o chan
auga que enxugaba a madrugada.


Chovía unha noite de maio,
dun maio calquera, dun ano calquera.
Sopraba forte, o vento zoaba nas tellas.


De maio, chovía unha noite,
de pensamentos as miñas madrugadas.
Tecendo historias de amor e de humidade.


Chovía de noite en maio,
que tolemia, que atrevemento!!
As primeiras rosas do xardín alfombraran o camiño.


Unha noite, chovía en maio,
caeu do ceo, coma un milagre.

e choveron mais noites e mais maios.

E da terra xermolou a vida, e do maio a esperanza.


Semente de seme e quentura de primavera.

E de dous corpos mollados.

Ti, fugaz, furtivo.

Chegaches como auga de maio.

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...