Árdeme o peito, por dentro,
quéimame o corazón
porque me empurran cara o exterior.
Un espertar outonal, unha revolución,
viva a miña re-evolución!
Felicidade é un nome marabilloso
non é a meta, é un estado de paz
Fuxe, lobo branco que treme,
por qué o que din que é amor
te chama?
E será, que non coñezo o sentimento?
Enganeime na vida, outra vez.
Levo a sinal do uróboros, tormento.
Quén son? Ónde son? Ónde estou?
Vivo, Vigo, Como, Durmo, Respiro.
Enredadeira, hedra corredeira,
que me envolve
afogo nun futuro que non é
Con quen camiño?
Síntese o frío da soedade acompañada
do corpo que teño onda min.
Qué horas marcarán o meu reloxo?
Camiñarei buscando o meu par
Ou será que non o teño?
A barriga encólleseme cando sinto,
cando penso, cando falo, cando calo…
e isto non é, as bolboretas mudaron?
E esta dor que sinto, non ten nome
porque non sei poñerllo…
vou arrastrado pola inercia da materia
Carente de emoción, baleiro,
coma unha campá sen badal
o son apagouse en min
Fóronse as musas, foise a luz
e non é, que che digo que non é.
Mais, aquí sigo, aquí, rebrandecido.
Mol e derretido,
mol e derretido.

