Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

lunes, 4 de abril de 2011

Antoloxía do propio.

Envolto na escuridade máis quente
vagan sensacións pasaxeiras
na busca do seu par
e as soedades acompañan
sentir duro e indefenso
á espera da labazada sanadora
golpe certeiro na ialma
frecha traspasadora de realidades
fuxintes no espacio e no tempo
en evasión dos sentidos
profundidade cardiópata
en delirantes responsos latexos
negación das máis fondas certezas
retroceso e bucle unha e outra vez
agardando espertar de novo
deste sono intercalado
coma quen busca aquelo que atopou
pero aínda cre perdido
medo antropolóxico e crebador
en refuxo nas letras desta ladaíña
fuxitivos e anónimos.

sábado, 2 de abril de 2011

ÁNIMAS EN CONSERVA.

Camiño nos lindes do tempo
fronteira do que foi, e
xa nunca será, cando
o andar estrepitoso do mundo
te move, nada volve ser o que foi,
discorren sentimentos por sumidoiros,
a vida que magoa,
dobres sentidos detrás dun vidro afumado
pantallas de televisión
anime xaponés e bágoas.
Latexos cíclicos dun corazón humano
queren bombear cara atrás
como máquina do tempo
é inútil xa,
o andado non se desanda.
o peto do peito medra.
Simplezas anacrónicas en lata
non caben agora
fuxen de min, marchan
ilusións en cohete
comprimidos de inocencia
monodose
e con receita,e,
agora non, que non o vexan.
Memoria fráxil de xente
corda infinita de tempo
irrealidades incumpridas
fantasía inútil de
soños infantís.
Estúpidas transicións
metafísicamente necesarias,
erros de dor nefrítica
incongruencias do
arrepentimento.
Vivencias no lintel
da cobardía
hipocresía mundana
homes antipersoa
a eternidade da dúbida
prostitución morfolóxica
dos verbos copulativos.
Soedades repartidas
por encargo.
Caixas de soños
estibadas no faiado,
os sete selos do
apocalipse,
amizade envasada
ó baleiro.
Merece a pena?

sub tuum praesidium

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...