Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

jueves, 12 de enero de 2017

ante nos

metamorfose dun corpo
e  a terra sigue xirando

somos presos do 
espacio-tempo

engaiolados,
viaxeiros do mundo

sen fuxida algunha
a trinta por segundo

metamorfose da alma
e o universo cae sobre nós

encadeados á lei natural
non escrita en ningures

buscando o Nunca Xamais
nos buratos de verme

metamorfose da carne
en desexo desmedido

mecanismo de supervivencia
e norma universal

materia e movemento
o osíxeno oxidando

a beleza do efémero
mecanismo cuántico

collige, virgo, rosas

tempus fugit,

ubi sunt?





HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...