Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

martes, 13 de noviembre de 2012

ET-SOMNIO

Voces de tempos pretéritos
tronan na miña testa
imáxes mortas que cobran movemento
todo ten agora sentido
tempo, tempo, tempo
profetas colocadores
cada cousa no seu lugar
azar e destino presentan batalla
unhas sorte de baralla
e namentras eu soño paralelo.

Soño e, cando o sono me pode
soño e soño e soño e soño
a compases de 2/4
lento, lento, lento
fun,son,serei...
metamorfoséome, coma o tempo
metamorfose implica cambio
o tempo cambia, os soños non.
Cando volva Morfeo deixádeo...
hei soñar, e soñar e soñar...
transfórmame na noite, sempre...
o tempo fuxido, ónde andades?
Vinde vivir,pois que é a vida senón soños?
E que son os soños? Os soños, os soños os soños os soños...
ECO

domingo, 10 de junio de 2012

ALMAS EN CONSERVA (II)


Como un soño pasaxeiro
esperto e láiome
envolvome na miña pena
mestura de remorsos e ciumes
amalgama de memorias pasadas
e unha fantasía dunha noite de verán
alma que esvara na mesma negrura
deixando un pouso de door que
non se define con palabras humanas
foi unha ilusión pasaxeira,vaga e
inútil mais humana
cando aumenta a respiración
a actividade cardíaca dispárase
pero o oco do peito semella valeiro
pois a indiferencia é o máis ruín sentimento
e o tempo que pasa silencioso asasino
o reloxo devora segundo a segundo
e só as fotografías, que conxelan presentes
presentes eternos
os cadáveres fotográficos
que son velados polos recordos
morren entre cartafoles
se a vida é cambio, ideas pasaxeiras
escenarios que se moven e protagonistas
e figurantes que cambian, son parte desta Opera Prima,
deste soño,realidades pasaxeiras
e cambio, transformación continua
tres actos clásicos
e moitas moitas máscaras e títeres
traxicomedia
Ubi Sunt?

martes, 27 de marzo de 2012

Réxime de brisas


o meu corpo xace na area
a praia, o mar, horizonte eterno
o bruído das ondas incesante
deixa voar a mente, un instante
de ser infinito é un instante
o sol irradia no ar
dándolle á composición
o toque melancólico
de aquel que vive
sentirse vivo, respirar
a salitre invade os pulmóns
inhalacións profundas de océano
un cadro de ensoño
mamando terra viva
formando parte dun todo
que se mestura na area
soños líquidos, odiseas
e na praia corre incesante
un devir de sensacións
nostalxias de batallas perdidas
dejà vues de escuma branca
romance de mar e area
son salgadas as memorias
neste día que
perdido no tempo
lonxe dos séculos
habita
e a noite invádeo todo
calma o vento
e o sono,
fai acto de presencia
durmín
por un intre
a vida foi eterna.

miércoles, 18 de enero de 2012

Canto da marcha. (Música: Himno do Antergo Reino de Galicia)


CANTO DA MARCHA DE GALICIA

Terra nai poderei algún día eu voltar?
terra nai deixarás os teus fillos regresar?
Terra nai volver vela terra ,o meu lar?

Como hei de olvidar, ese bon ollar, ese cheiro a mar !
O miúdo orballar, terra do meu pai sitio do meu querer.
Pobo loitador tivo que emigrar, á forza marchar
e con forza demostrar que sabe gañar o seu pan co suor.

Terra nai, levarei no meu bico un cantar.
Terra nai, muiñeiras,cantigas e alalás.
Terra nai coa fouce e a oliva libertar.

Non han de pasar sen eu ver chegar a corda afrouxar.
Os tempos han de voltar, e rexurdirá a irmandade outra vez.
Temos que mirar para o amencer, novo dia virá
nesta terra de bondá o xugo caerá Galicia somos nos.

Terra nai poderei algún día eu voltar?
Terra nai, non morrer no desterro en soedá.
Terra nai, e poder os teus acios vendimar.
Terra nai e querer o teu millo esfollar.
Terra nai volverei vela terra, o meu fogar?

Has de renacer, da nada medrar e todos parar
este mal que te goberna, vergoña da xente que menosprezou.
Entre nós irmáns a facer país a matria chamou.
Inda que haxa que loitar con armas labregas e sacho e leghón.

A lousa cairá e espertará co seu xordo son,
os que nadiña esperan e ós que pensaban que non hai solución.
Sangue brotará, da ferida que provoca o canón
da arma máis poderosa, e forte berrar GALICIA SOMOS NÓS.

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...