Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

domingo, 10 de junio de 2012

ALMAS EN CONSERVA (II)


Como un soño pasaxeiro
esperto e láiome
envolvome na miña pena
mestura de remorsos e ciumes
amalgama de memorias pasadas
e unha fantasía dunha noite de verán
alma que esvara na mesma negrura
deixando un pouso de door que
non se define con palabras humanas
foi unha ilusión pasaxeira,vaga e
inútil mais humana
cando aumenta a respiración
a actividade cardíaca dispárase
pero o oco do peito semella valeiro
pois a indiferencia é o máis ruín sentimento
e o tempo que pasa silencioso asasino
o reloxo devora segundo a segundo
e só as fotografías, que conxelan presentes
presentes eternos
os cadáveres fotográficos
que son velados polos recordos
morren entre cartafoles
se a vida é cambio, ideas pasaxeiras
escenarios que se moven e protagonistas
e figurantes que cambian, son parte desta Opera Prima,
deste soño,realidades pasaxeiras
e cambio, transformación continua
tres actos clásicos
e moitas moitas máscaras e títeres
traxicomedia
Ubi Sunt?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...