Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

martes, 6 de enero de 2015

PROSODIA



oh ceos, que baixe a forza dos deuses
  aqueles que moven os fíos
 dos nosos destinos

os que xogan coa nosa sorte,
os que maquinan cos nosos desexos

oh deusa fortuna, sorriso e aceno
move a túa roda unha vez máis
e mostra furores e lamentos

oh, olimpos do mundo
os que gardan en segredo, en tumbas de pedra
os pergaminos onde está escrito o sino

oh terra, os nosos pes camiñan pola senda da vida
coa certeza do destino sobre o ar e as nubes
ingrávidos anceios nas pisadas das congostras

oh vida, vas contando os teus días sabedora
de que non és dona de ti mesma
o peso do mundo

oh soños, verdadeiro combustible
potencia creadora, forza e inxenio
amante nocturno

amor, oh amor, arelas
por amor todo, sen él nada
vida, terra, fortuna e sino



o amor non é para cobardes...



HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...