Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

jueves, 21 de julio de 2016

Luceat eis.

Déixame durmir,
non me espertes
para que a noite me acubille
no seu colo silencioso e frío.

Déixame durmir,
para que o vento que zoa
entre os amiales
acoche no seu leito
ás raposas que ouvean
 nos vales.

Déixame soñar, que
namentras eu
me movo entre praias infindas
solpores de sangue e lume
e luscofuscos de muxicas.
Bendita noite, que non acaba.

Deixa, que a luz
nos sorprenda
coa súa alborada
e os paxaros piadores
entonen o seu trino
que anuncia a mensaxe
do novo día nacente

Cando esperte, todo será,
voltará a nacer de novo.
Mais, namentras eu durmo
na calada noite
no leito dos soños
o sono dos xustos.




lunes, 18 de julio de 2016

Dum spiro, spero

Unha mirada ó pasado
o camiño percorrido
dúbidas e medos
vencidos.

O traxecto continúa
cada ano unha fenda
cada golpe, unha afrenta.

Para o teu andar, compaña
amor na vida, sereo
o horizonte eterno, sempre
á vista do teu ollar.

Porque é a vida un camiño
que se anda de a poucos
que se bebe a groliños.

O futuro, unha conquista.
Mais lembra unha cousa,
somos presente.

Porque cada que acontece,
sexa azar, ou ben o sino
vai marcando ser e sentimento.





miércoles, 29 de junio de 2016

Fortuna


Un impulso de vida.
Nacemos en coiros,
sen nada chegamos ó mundo.

A vida agasállanos vida,
 alimentámonos de soños.

O paso efémero da existencia, 
a nosa marca, 
o amor queda.
A lembranza. Sempre.

Somos o sino que se escribe
en letras de ouro.
Os nosos pasos, contados.
Unha crónica.

O azar, xoga coa nosa existencia.
Inmolámonos, volvemos a nacer cada día,
caémonos, volvémonos a erguer.

A vida abrirase paso entre as sombras.
A esperanza morta será vida.


Ama, sempre ama. 
Ama e fai o que queiras.
Neste mundo o noso conto
é una fábula. O mundo xira.

Somos azar. Somos fortuna.

lunes, 20 de junio de 2016

inaccesible

ónde estás?
agochada entre as mensaxes 
dun teléfono

agardando, mais
xa non é coma decote

os cans oubean na noite
fechada

e namentras eu...
sinto na cara a brisa fresca da madrugada
solsticio quente

punto de inflexión
os sons calaron
na noite

as musas marcharon
agochadas?

a espranza morta
ónde estás?
non quero máis mensaxes

quérote a tí

fuxitiva e esquiva
mirada doce
pose guerreira

un océano no teu ollar

un enigma

que só a noite coñece

O INACCESIBLE



martes, 14 de junio de 2016

requiem-aeternan

somos sombras,
navegamos nun mar de escuridades
que fondean nos sentimentos
cal é o meu morto?

respiramos,
porque existimos
e mentras existimos somos
respiramos

existimos, e
navegamos, no noso mar
un océano, e somos
e existimos

naufragamos,
e afogamos naquelo que somos
e flotamos,
e imos á deriva

un madeiro, só un resto
do naufraxio
queda na superficie
cal é a miña cadea?

qué me ata?
qué me aferra?
cal é o meu morto?

un corpo sen vida xace na praia, deitado...

non choredes.

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...