Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

martes, 27 de marzo de 2012

Réxime de brisas


o meu corpo xace na area
a praia, o mar, horizonte eterno
o bruído das ondas incesante
deixa voar a mente, un instante
de ser infinito é un instante
o sol irradia no ar
dándolle á composición
o toque melancólico
de aquel que vive
sentirse vivo, respirar
a salitre invade os pulmóns
inhalacións profundas de océano
un cadro de ensoño
mamando terra viva
formando parte dun todo
que se mestura na area
soños líquidos, odiseas
e na praia corre incesante
un devir de sensacións
nostalxias de batallas perdidas
dejà vues de escuma branca
romance de mar e area
son salgadas as memorias
neste día que
perdido no tempo
lonxe dos séculos
habita
e a noite invádeo todo
calma o vento
e o sono,
fai acto de presencia
durmín
por un intre
a vida foi eterna.

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...