Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

jueves, 9 de abril de 2015

In dubio




ti fálasme, 
e é como se a túa voz
resoase en min
coma un chascarraschás

eu quedo, escóitote falar
e penso
nas cousas que aínda non dixen
e que
aínda non sei se darei dito 
algunha vez

teño medo
medo de tí
medo de todo

de que fuxas
que non queiras o que eu quero
de que xa non fales

e tí prosegues co teu contar
dura e soave á vez
e eu maino percibo

e penso, ogallá poidera
escoitar sempre esa voz
dicíndome cousas na orella
barbullando

escoitar dos teus beizos
de guerreira
as batallas que nos quedan

permanecermos sempre
e por sempre
no noso mundo
sós

aló onde a ruindade
non nos poida
esmagar

onde se troncen as almas
dos ousados

e que da crisálida do NON
saia un

SEMPRE







HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...