Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

domingo, 26 de abril de 2020

Dies irae


Érgome unha mañá do leito
envolto no soño precedente,
Oniria xa vai embora
e comezo a sentir o meu corpo
coma decote, aterro no agora.

Exaudi orationem meam

Envólvenme redes de morte
cando prendo as noticias,
días grises de bágoas
dunha impotencia superlativa
de querer poder cantar victoria

Lacrimosa dies illa

Abro a xanela e vexo o novo sol
que nace só por insultarnos
a primavera non entende de virus
a súa exuberancia insulta ó
xénero humano descaradamente

Quidquid latet, apparevit

Se tan só somos flor dun día
quero voltar a pechar os ollos
alí onde o cerebro e a química
me evaden de toda ruína
antes de caír no sono eterno

Lux perpetua luceat eis

Fareime aliado da noite
e pregarei de xeonllos
para que caia a miña soberbia
ser vítima expiatoria, por todos
pero coido que, xa non funciona así

Preces meae non sunt dignae

Serei forte na debilidade
que non hai primavera
se antes non houbo inverno
que o meu descanso
aínda non se convirta en eterno

Gere curam mei finis

A tristura e a soedade tornará
en ledicia e festa grande
e brindaremos todos xuntos
ao arredor do lume ancestral
á espera do novo solsticio

Ne me perdas illa die

Todo será fartura e plenitude
e viviremos en comuñón
coas bestas e as feras do monte
renovaremos o pacto do arco da vella.
Non haberá máis pranto nin tristura.

Tantus labur non sit cassus

Non me espertedes.

Praestas me Domine requiem aeternam.


Dona eis requiem.


Sempiternam



Cuarentenario


Sei que chove, non vexo as gotas caer
mais sinto os neumáticos dos coches
pisar coas súas gomas a auga que
na estrada molla un chan nunca seco.

Vai frío, sinto xaneiro dende a miña fiestra,
febreiro está colgando nas nubes, e o marzo tolo
nunca rematou de fuxir dos meus pensamentos.

Sen querer darme conta chegou abril,
enchoupando as miñas lembranzas
de primaveras pasadas de verde clorofila
no fértil xardín das miñas delicias.

Ente carraspeos dunha gorxa reseca e gastada
vou cantando mainiño "Peces de Ciudad"
e coas miñas mans fago derreter o presente poema.

Non sei qué auga traerá maio, mais
as lembranzas atempéranme o sorriso
lonxe quedaron os anos doces de mel
os trinta que verán, se tan só fose iso.

Cancións italianas, Enzo tocando a guitarra
lembranzas  dunha chamada que me alegrou a tarde
malia que chova e faga frío, o corazón aínda arde.

Voltarei voando desde a pedra eterna
ó país das melodías e da xente brava
regalarei sorrisos novos e ceos despexados
e fundirémonos de novo en apertas de vida.

lunes, 20 de abril de 2020

Insieme


Suroestes que traen as nubes grises
os aires do confinamento veñen
coas súas voltas cargadas de humidade

Os días pasan desde a ventá vidrada
vendo nacer a primavera nova
das augas mil de choiva fertilizante

Xa non se escoitan os nenos xogar
enmudeceron as alarmas
que marcaban o ritmo da vida anterior

Parouse o tempo no mes de marzo
e o cambio de estación pasou
mais aínda é inverno nos corazóns

Unha néboa de morte e esperanza
chegou de onde nace o sol
para poñer ós homes no seu lugar

Ventos do leste que nos privaron
da liberdade conquerida
e con raiba aplaudimos no serán

Rúas baleiras, e paseos sen xente
xente sen paseos e desfiles
de xeles, máscaras e luvas, de medos

Tempos de heroes sen capa, e tamén
de políticos acobardados
loitando nunha guerra equivocada

O alborexo traerá a nova era do mañá
logo desta noite longa
e volveremos a sentir o mar nas plantas dos pés

Prometo estar contigo nese día futuro
non hai maior tesouro
que sentir a salitre nos pulmóns e o sol na cara

As cousas máis valiosas non custan cartos
quérote tanto meu amor
queimémonos no lume eterno de San Xoan

O meu corpo libra a súa batalla persoal
contra unha coroa vermella
mais axiña venceremos, xuntos na distancia

Non van poder con nós!


miércoles, 15 de abril de 2020

Noctem natura


La noche duerme su sueño estrellado
en la quietud ni el viento se siente
mientras huelo la humedad que nace
de la lluvia que permanece en la hierba.

El cielo raso deja entrever al horizonte
reflejos azules que anuncian tormenta
luces en la lejanía, más al norte
nubes que no saben si van o vienen.

El silencio imperante me despierta
y mi cuerpo comienza a sentir la magia
que destila la luz tenue de Venus
con su suave tintineo al poniente.

Mis pulmones se llenan del frescor
que deja el rocío extraño de la calma
tras un instante fugaz de lluvia mansa
efímera acaricia la tierra y no la arrasa.

Es la cómoda quietud nocturnal,
cuando la naturaleza se deja entrever
los mochuelos se despiertan y saludan
y los gatos te sorprenden con sus paseos.

Un mundo diverso se observa cuando
no hay más luz que la de las farolas,
el humano no manda en el reino
que nace cuando el sol se acuesta.

La noche impone su código, ese ritmo
y siento como un instinto primitivo,
si Morfeo llega yo me ubico
pero me falta de mi musa el sonido.

En su ausencia ni las zorras aúllan,
ni se sienten los graznidos de las rapaces
que crepitan con sus trinos siniestros
para proclamarse señores de lo oscuro.

La luna menguante se esconde tímida
tras las nubes viajeras que persiguen
rayos y truenos poco antes del alba
tempestad futura que ya fue anunciada.

Negro infinito, triste y solo negro,
ausencia muda, musa y silencio,
lluvia, humedad, quietud y sueño
hacen de este abril un poema eterno.



HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...