Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

domingo, 26 de abril de 2020

Cuarentenario


Sei que chove, non vexo as gotas caer
mais sinto os neumáticos dos coches
pisar coas súas gomas a auga que
na estrada molla un chan nunca seco.

Vai frío, sinto xaneiro dende a miña fiestra,
febreiro está colgando nas nubes, e o marzo tolo
nunca rematou de fuxir dos meus pensamentos.

Sen querer darme conta chegou abril,
enchoupando as miñas lembranzas
de primaveras pasadas de verde clorofila
no fértil xardín das miñas delicias.

Ente carraspeos dunha gorxa reseca e gastada
vou cantando mainiño "Peces de Ciudad"
e coas miñas mans fago derreter o presente poema.

Non sei qué auga traerá maio, mais
as lembranzas atempéranme o sorriso
lonxe quedaron os anos doces de mel
os trinta que verán, se tan só fose iso.

Cancións italianas, Enzo tocando a guitarra
lembranzas  dunha chamada que me alegrou a tarde
malia que chova e faga frío, o corazón aínda arde.

Voltarei voando desde a pedra eterna
ó país das melodías e da xente brava
regalarei sorrisos novos e ceos despexados
e fundirémonos de novo en apertas de vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...