ETERNO RETORNO
Vivo preso da lei do eterno retorno
nun bucle infinito que se retorce
en burato de verme
Viaxes no tempo infinito
para non moverme do meu posto
preso dunha distopía
Promesas de amor e de cambio
afogadas en suor e soidade
por non falar
Palabras de futuro incerto
e soidade acompañada
verbas no ar
Poemas de romances inacabados
fatigas cotidianas e fuxidas
dúbidas no tinteiro
Por qué é tan complicado atopar o meu par?
Agocharme tras o que non son
por non poder ser eu
pero, de novo?
A miña lei é o mal do uróboros
ser místico e mitolóxico, ou
ás veces carioca
Soños de liberdade compartida
o meu corazón ferido pérdese
a tombos, inexplicable
Será que non son dono do meu sino?
O eterno retorno.
Agardo a sorte dos afogados.
Finis Gloriae Mvundi

No hay comentarios:
Publicar un comentario