Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

lunes, 16 de octubre de 2017

Nº zero



Cómo controlar o impulso de amar?

a razón e o corazón,

mira os meus latexos

torpes, desacompasados

és a miña arritmia favorita

ás veces desexaría non ser capaz
ou mesmo optar por non facelo

apagar e encender sentimentos
cando vexo que só eles
me levan a caír ó precipicio

poder ser capaz de deter a fonte
dos meus ollos

desconectar os pensamentos

desprogramar a personalidade

e ser autosuficiente

e controlar as emocións

O ceo sabe de min
está gris e cincento

E as torres de Belvís míranme
desdeñosas

Esta cidade coñece a cor da
miña alma, e as súas pedras
sedentas de choiva
volven laiarse canda min

Quen engaiola o que o meu peito berra?

 Quen ousa xirar e xirar, como pedra muiñeira

todo o universo que me arrodea?

Xa non sei quén é o meu dono,
e é posible que non o teña.

Ogallá puidera ser quen de non amar.

Quen non ama, non sofre.

Escollo vivir.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...