Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

sábado, 16 de septiembre de 2017

NUNC

Preparado para o comezo da fin.
Que a Apocalipse te colla danzando.
Será o meu lema.

Este é o momento axeitado.

Damocles atravesarame coa súa espada.
É a hora de derrubar a parede.
Que saberán os gregos? Féndeme.

Oh, Fortuna, velut luna, 
statu variabilis. 

 Volvo a ser dono dos meus pasos
e pensamentos.

 Forza, corazón e coraxe.

É amor propio o que os teus
inimigos chaman egoísmo.

É orgullo o que os teus amigos
chaman rancor.

Os teus camiños non son os meus camiños.
-Oráculo do Señor-
Os meus pensamentos non son os teus.

Agora xa sei quen son.
Pero, acaso vós o sabedes?

Camiño con paso firme, non titubeo.
E que? Non teño nada que perder,
non teño medo.

Cégame a luz que hai ó final do túnel.
Quizais apurei de máis en sacar a vendaxe dos ollos.

Xa non estarei máis con moitos e con ninguén.

Merda de soedade acompañada...

Xa é hora de marchar.
Camiñarei cara onde ninguén me busque,
para que así nin sequera me atopen.

O Uróboros será Ave Fénix,
por un día nada máis.

Eu serei vilán,
por un día nada máis.

Pero é mellor morrer de pe,
e non vivir de xeonllos.

E que, o sol, que alumbra a xustos e a
inxustos, saia por onde queira.


SEGUNDO ACTO

Flúa o pensamento libre, independiente,
neste mundo ególatra, onde todo remata en
-ismo.

Vivan os actos rebeldes, inconformistas,
socialmente non aceptados.

Duren as amizades boas, campen as
persoas de verdade.

Sementemos risas para colleitar
sinceridade.

Alimentemos a coraxe e a valentía,
neste mundo de cobardes.

Reinventémonos as veces que sexan
necesarias.
ATENCIÓN
Agradezamos o bo, e o malo
que na vida nos pasa.

A quen marcha, déixadeo ir.
Recibide a quen veña, porque
non será para sempre.

Coida dos teus, e procura
que sexa ata que non sexan teus.

Non ofrezas a quen non deu,
nin pidas a quen pideu.

Usa ben a amizade, porque non évalor seguro nin enerxía renovable.

Erguete si caes ó chan.
Cando te afundan,
 sae con máis forza.

Tí eres moito máis do
que os demais pensan.

CHEGOU O ANSIADO INSTANTE.

O momento é agora.

O que teña oídos que oia.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...