Finis Gloriae Mvundi.

A fin da veleidade. É simplesmente unha maneira de ser, de facer as cousas e de vivir. Alguén sabe o por qué do que somos e do que vivimos? Alguén coñece o pouso que deixa o vivido? Alguén sabería dicir que é o que pode andar rondando polo maxín inquedo dun ser avocado ó existencialismo? Todo isto e moito máis hase debullar de a poucos neste blogue, e senon é así, entón que morra coa comida que comín.

lunes, 4 de abril de 2011

Antoloxía do propio.

Envolto na escuridade máis quente
vagan sensacións pasaxeiras
na busca do seu par
e as soedades acompañan
sentir duro e indefenso
á espera da labazada sanadora
golpe certeiro na ialma
frecha traspasadora de realidades
fuxintes no espacio e no tempo
en evasión dos sentidos
profundidade cardiópata
en delirantes responsos latexos
negación das máis fondas certezas
retroceso e bucle unha e outra vez
agardando espertar de novo
deste sono intercalado
coma quen busca aquelo que atopou
pero aínda cre perdido
medo antropolóxico e crebador
en refuxo nas letras desta ladaíña
fuxitivos e anónimos.

1 comentario:

  1. Cando consigas que os poemas non parezan tan robóticos nas grabacións programadas deste blog, aínda van ser máis impactantes. Gústanme, a de Rosalía xa nin falar, pero as da túa propia colleita non teñen desperdicio. Ánimo!
    M.

    ResponderEliminar

HIC TEMPORE

Nada más cierto que el tiempo el ya vivido, el por venir Somos el tiempo que no pasa, -somos el tiempo que nos queda- Y, rueda, rueda, rueda...